05/12/2019

As Raíñas estrean a nova Copa na pista do Valdetires

As Raíñas estrean a nova Copa na pista do Valdetires
As campioas de I Copa de SM A Raíña estrean o novo formato de competición mañá, en dezaseisavos, na pista do Valdetires Ferrol FSF (pavillón de Esteiro, 12.00 horas), de Segunda División.

Esta será a segunda vez que se vexan as caras en 2019-20. No anterior enfrontamento, en Copa Galicia en Vista Alegre, o Pescados Rubén Burela FS impúxose con claridade (9-1) no pasado mes de outubro. “Vai ser diferente; xogando na súa casa, diante da súa afección, o partido vai estar máis igualado” advertía Julio Delgado do inicio dunha ponte de moito traballo, coa xornada 13 o domingo na casa do UA Alicante: “Aínda que xa temos liga o domingo, imos afrontalo a lume de biqueira porque queremos pasar a eliminatoria e seguir dando pasos nesta Copa. Non podemos deixarnos sorprender”.

“É un mes complicado. Vimos da derrota con Futsi, a próxima semana tamén teremos as convocatorias das nosas internacionais con España e Portugal, Cilene xa está con Brasil… Con todo isto, tratamos de que as xogadoras cheguen nas mellores condicións pensando só na Copa da Raíña e despois, aínda que sexa no bus, tocará recuperalas para o domingo na pista de UA Alicante” reflexionaba así o técnico laranxa, no inico da recta final da primeira volta, tras o inmerecido tropezo ante o liderado madrileño: “Pasamos páxina; o formato é agora diferente e as propias esixencias de Copa e Liga, ademais de compromisos internacionais, obrígannos a recuperarnos inmediatamente para estar ao cento por cento. A clave estará na regularidade e por iso traballamos, para volver ter boas sensacións na próxima cita sen deixar de mellorar” concluía o preparador.

Julio Delgado e Lucas dispoñerán mañá de todos os seus efectivos a excepción Cilene e Cris.

Emparellamentos de dezaseisavos:

C.F.S. FEMENINO SAN FERNANDO – OURENSE C.F. ENVIALIA

COLMENAREJO – A.D. SALA ZARAGOZA

A.D. TELDEPORTIVO – C.D. FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO

C.D.B. ALMAGRO FÚTBOL SALA – MAJADAHONDA F.S.F AFAR 4

VALDETIRES FERROL F.S.F. – PESCADOS RUBÉN BURELA F.S.

O FISGON FUTSAL – POIO PESCAMAR

VIAXES AMARELLE – CIDADE DAS BURGAS F.S.

LA BOCA TE LÍA FUTSAL ALCANTARILLA 1-6 ROLDÁN FUTSAL FEMENINO

F.S.F JOVENTUD D’ELX – XALOC ALACANT F.S.

C.D. LA CONCORDIA – BILBO F.S.

MECANOVIGA EIXAMPLE F.S. – PENYA ESPLUGUES A.E.

U.D. LA CRUZ VILLANOVENSE – F.S.F. MÓSTOLES

ATLÉTICO TORCAL – UNIVERSIDAD DE ALICANTE

DEPORTIVO CÓRDOBA – A.D. ALCORCÓN F.S.

GUADALCACÍN F.S.C.D. – UCAM ELPOZO MURCIA F.S.

Equipo exento: LEGANÉS FS

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.