07/12/2019

Mata, con cinco goles, lidera a primeira vitoria laranxa a domicilio (5-6)

Mata, con cinco goles, lidera a primeira vitoria laranxa a domicilio (5-6)
O Pescados Rubén Burela FS selou esta tarde a primeira vitoria a domicilio liderado pola maxia de Matamoros, con cinco dos seis goles laranxas, fronte a Aspil Jumpers Ribera Navarra (5-6). A Alma Laranxa iguálase así con 9 puntos aos de Tudela e a Industrias Santa Coloma.

“Despois do inicio dubitativo, con tres goles en contra en menos de dez minutos, o equipo demostrou a capacidade para reaccionar e sobrepoñerse ante unha situación moi adversa, para ir igualados ao descanso (3-3). Conseguimos manter o plan de partido durante a segunda parte e atoparnos co primeiro triunfo fóra da casa. Son tres puntos importantísimos, pero tamén temos que reflexionar e facer autocrítica sobre eses primeiros minutos” así valoraba Juanma Marrube o duelo de rivais directos en Tudela.

Ficha técnica

Aspil Jumpers Ribera Navarra FS: Gus, Lemine, J. Mínguez, David Pazos, Tripodi, cinco inicial; tamén xogaron Uge, Nil, Paulinho, Lucas

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Luisma, R. Vargas, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Juanfran, Joselito, Pope, Álex Diz, Pitero

Goles: 1-0, minuto 5, Lucas; 2-0, minuto 6, Gus; 3-0, minuto 7, Lucas; 3-1, minuto 14, Matamoros; 3-2, minuto 18, Mata; 3-3, minuto 19, Pope; 4-3, minuto 21, David Pazos; 4-4, minuto 27, Matamoros; 5-4, minuto 28, Lucas; 5-5, minuto 33, Matamoros (pp Lemine); 5-6, minuto 33, Matamoros

Árbitros: Delgado Sastre // Rabadán Sainz. Por Aspil, amarela Lemine (minuto 28), J. Mínguez (minuto 30), David Pazos (minuto 31).Por Burela, amarela a Álex Diz (minuto 5)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 12 de Primeira División disputado no Cidade de Tudela

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.