09/12/2019

Fin de semana redonda para recibir en Vista Alegre o España-Xapón

Fin de semana redonda para recibir en Vista Alegre o España-Xapón

As Guerreiras pecharon onte unha fin de semana redonda atopándose de novo coa vitoria, na xornada 13 de Primeira Feminina, ante UA Alicante (1-4), ademais do pase a oitavos de Copa da Raíña con 0-2 sobre Valdetires Ferrol FSF, o venres, e do primeiro triunfo da elite a domicilio do equipo masculino (5-6 fronte a Aspil Jumpers Ribera Navarra), o sábado.

Ficha UA Alicante 1-4 Pescados Rubén Burela (LIGAZÓN)

Así, con forza, comeza unha gran semana na que os equipos de Primeira volven a Vista Alegre, con boas sensacións, ante Palma Futsal (venres 13, xornada 13, 20.30 horas) en Masculino e UCAM ElPozo Murcia (sábado 14, jornada 14, 18.30 horas) en Feminino. A Bomboneira vivirá unha semana de luxo, co mellor fútbol sala, que se estreará xa o mércores co amigable entre a Selección Española Feminina e Xapón (21.00 horas), todo un premio para a gran devoción que sente A Mariña polo fútbol sala, que ademais poderá gozar da presenza de catro xogadoras burelistas defendendo á Vermella, Peque, Jenny Lores, Ana Romero e Luci. Ambos os combinados xa se verán as caras mañá en Marín (20.00 horas). Os dous partidos poderán seguirse en directo vía streaming a través de www.sefutbol.com.

A venda anticipada de entradas estará dispoñible na sede do Pescados Rubén Burela FS ata o mércores ás 14.00 horas. A taquilla de Vista Alegre abrirase ás 20.00 horas.

Horario de atención ao público: Luns a xoves 9.00-14.00 //16.00-19.00

Prezo de entradas

0-5 anos: Gratuíto (acceso con invitación)
6-16 anos: 2 euros
Desde 17 anos: 5 euros

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.