11/12/2019

Primeiro paso de Copa do Rei

Primeiro paso de Copa do Rei
O Pescados Rubén Burela FS superou o primeiro obstáculo de Copa do Rei, esta tarde-noite na pista do Esteo FS (1-4), de Segunda B. A eliminatoria de oitavos disputarase entre o 14 e o 15 de xaneiro.

Os de Juanma Marrube tiraron de oficio nunha pista de goma, lenta, ante un equipo moi traballador. Adiantáronse na primeira parte con Álex Diz, unha renda que se resistiu ata o minuto 29, con diana de Everton. Tras o segundo tanto dos mariñáns, os locais apostaron con xogo de cinco coa mesma resposta dos laranxas. M. Kaluza ampliou a fenda pouco despois. O Esteo reduciu na recta final, pero o Pescados Rubén, con Juanfran, volveu ver portería nos últimos compases. O que puido ser o quinto chegou sobre a bucina.

Ficha técnica

O Esteo FS: M. Kaluza, Luisma, Juanfran, Pope, Everton, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, R. Vargas, Álex Diz

Pescados Rubén Burela FS: Javichu, Cokito, Jacobo, Jhony, Troncho, cinco inicial; tamén xogaron Héctor, Noé, Rober Paz

Goles: 0-1, minuto 16, Álex Diz; 0-2, minuto 29, Everton; 0-3, minuto 30, Kaluza; 1-3, minuto 38, Noé; 1-4, minuto 40, Juanfran

Árbitros: Carreira Romero // Ferrero Carballal. Polo Esteo FS, amarela para Noé e Jacobo

Incidencias: Partido correspondente a dezaseisavos de Copa do Rei disputado nas Pontes.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.