02/01/2020

Copa da Raíña, con Amarelle, para recibir 2020

Copa da Raíña, con Amarelle, para recibir 2020
Tras o regreso aos adestramentos o luns, o Pescados Rubén Burela FS recibe 2020 con oitavos de Copa da Raíña. Liderando o Grupo I de Segunda, Viaxes Amarelle FSF esperará ás Guerreiras este sábado, ás 18.00 horas (Sagrada Familia).

“Amarelle vén de descender. Está facendo as cousas moi ben en Segunda; ten un bo equipo e sabe competir, pero nós estamos preparadas para seguir avanzando en Copa. Queremos seguir dando pasos e pelexar por validar o título neste novo formato” advertía a 6 burelista, Cilene, tras a súa grande aventura co Brasil no mes de decembro, con título de Copa Amércia incluído: “Foi unha grande experiencia, puiden regresar á selección logo dun tempo e con moi boas sensacións, ademais de alzarnos co campionato”, confesaba pletórica.

Logo dun mes apartada do futsal español, a peche só pensa en laranxa, primeiro na Copa, pero tamén en regresar á competición regular: “A liga é sempre unha motivación. Logo dun mes en Brasil tamén teño ganas das esixencias de liga, e máis cun rival como Poio, co que estreamos a segunda volta o sábado 11. Tan só desexo que sexa coma 2019. Para nós foi un ano espectacular. Oxalá poidamos seguir celebrando en 2020”, así inicia os propósitos de ano novo Cilene.

Julio Delgado e Lucas poderán dispoñer de todos os efectivos excepto de Dany, que arrastra molestias nun xeonllo, e Jane, no Brasil por temas administrativos.

A eliminatoria de oitavos de Copa disputarase entre o 4 e o 5 de xaneiro:

Poio Pescamar - Ourense CF Envialia

Viaxes Amarelle - Pescados Rubén Burela

FSF Móstoles - AD Alcorcón FS

CDB Almagro Fútbol Sala -CD Futsi Atlético Navalcarnero

Leganés FS - Penya Esplugues AE

Bilbo FS - AD Sala Zaragoza

Xaloc Alacant FS - Universidad de Alicante

UCAM ElPozo Murcia FS - Roldán Futsal Femenino

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.