03/01/2020

Cami regresa ao fogar laranxa

Cami regresa ao fogar laranxa
A brasileira Camila Gadeia Silva regresa ao fogar laranxa. A peche, que defendeu o Pescados Rubén Burela FS nas dúas últimas tempadas, volve ao vestiario das Guerreiras despois de seis meses no seu país, onde conseguiu o Campionato Paulista e de Xogos Universitarios co São José, ademais de alzarse co título de Copa Amércia con Brasil, xunto a Cilene.

O club burelista está á espera da documentación necesaria para formalizar a contratación de Cami (São Paulo, 1990), que xa chegou á Mariña para pasar as datas de Nadal.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.