05/01/2020

Santa Coloma 5-2 Pescados Rubén

Santa Coloma 5-2 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido estrear 2020 con recompensa na súa cuadrícula tras a visita á pista do Industrias Santa Coloma (5-2).

Os locais atoparon a súa iniciativa no luminoso no minuto 7 desde saída de córner, tocando na defensa laranxa, con David Álvarez. Matamoros e Lucho dispuxeron das mellores ocasións para igualar pero foi de novo David Álvarez o que viu portería para dar máis vantaxe aos cataláns, no 14, nun pase longo de Feixas. Petry puxo o 3-0 tras o descanso, no 28; antes Joselito tivera a oportunidade de reducir distancias ante unha grande aparición do gardameta do Industrias.

No ecuador do segundo acto, unha das Xoias Laranxas, Pitero, aproveitou un disparo cruzado na área para reducir, por fin. Era o 3-1; os de Juanma estaban dispostos a ir a por todas, pero en tan só 2 minutos chegou o lastre das faltas. A falta de máis de catro minutos e cunha procura incesante do gol, os do Mariskall optaron por xogo de cinco. No 38, Corso viu unha de ouro para o 4-1, desde propia pista e coa rede galega libre. Reaccionaron os burelistas co 4-2 pouco despois, nas zapatillas de Luisma, que cazou un mal despexe do Santa Coloma. O 5-2 subiu nos últimos compases, en superioridade local, tras a expulsión de Renato.

Ficha técnica

Industrias Santa Coloma: Feixas, Well, Corso, Verdejo, Petry, cinco inicial; tamén xogaron Uri Santos, Pablo Vidal, Khalid, Albert Cardona, Bermusell

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Pitero, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, R. Vargas, Matamoros, Álex Diz

Goles: 1-0, minuto 7, David Álvarez; 2-0,minuto 14, David Álvarez; 3-0, minuto 28, Petry; 3-1, minuto 30, Pitero; 4-1, minuto 38, Corso; 4-2, minuto 39, Luisma; 5-2, minuto 40, Álex Verdejo

Árbitros: Alonso Montesinos // Santander Flamarique. Por Burela amarela a R. Vargas (minuto 24), Luisma (39) e vermella a Renato (minuto 40)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Primeira División disputado en Badalona.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.