09/01/2020

Arrinca a segunda volta na Bomboneira

Arrinca a segunda volta na Bomboneira
Vista Alegre recupera o horario habitual dos sábados ás 18.30 para a liga de Primeira Masculina, coa estrea na casa para os de Juanma Marrube en 2020. Na xornada 17, o Pescados Rubén Burela FS recibirá o Osasuna Magna, que recala na Mariña na quinta praza (31 puntos), empatado con ElPozo, e coa vista posta no podio.

“Chegamos ben aínda que coa problemática da escaseza de efectivos. Estamos nunha etapa de cambios, aínda non podemos contar coas incorporacións e iso vai minguarnos un pouco, ante un rival moi esixente e forte, cun xogo moi práctico” adiantaba o técnico Juanma Marrube, facendo referencia aos reforzos dos internacionais con Uruguai e Brasil Xande e Pixote, cos que o equipo contar dispoñer en breve sobre as pistas.

O Pescados Rubén Burela FS estrea as citas de 2020 na Bomboneira con ganas de seguir facéndose forte e con toda unha segunda volta por diante para seguir medrando paso a paso. Con 9 puntos e 1 partido menos –polo aprazamento na visita do Jimbee Cartagena-, ten a zona sen perigo a tan só un punto, con Aspil Jumpers e Zaragoza; na 13ª praza Córdoba Patrimonio ten no seu haber 13 puntos. Para este sábado o obxectivo a superar centrarase en recuperar a concentración e o plan de partido, bazas coas que os pupilos de Juanma Marrube se aferraron a importantes puntos antes do Nadal: “Temos que dispoñer de claridade de ideas, a onde queremos levar o partido e cales son os momentos que nos penalizan para minimizalos” reflexionaba o Mariskal.

O equipo pechará os adestramentos mañá ás 9.45 horas, en Vista Alegre. O Magna, pola súa banda, realizará a última sesión o sábado ás 11.00 horas no pavillón da Veiga de San Cibrao.

Renato cumprirá o partido de suspensión co que foi sancionado tras o cartón vermello de Badalona, o domingo pasado. Nas filas visitantes, Bynho non viaxará por unha escordadura e entrarán en convocatoria os xuvenís Ion Cerviño e Íñigo Férnandez.

Kaluza, de novo coa Selección. O meta laranxa Michal Kaluza volverá concentrarse coa Selección de Polonia a finais de mes, en Malta.

Martes 14, Copa do Rei.Vista Alegre volverá subir o pano, coa visita do Parrulo FS en oitavos de Copa do Rei (20.30); a venda anticipada de entradas estará disponible ata o martes a mediodía. O Magna desprazarase ese mesmo día á pista do Industrias Santa Coloma.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.