24/01/2020

Visita a un Majadahonda que busca o primeiro botín do ano

Visita a un Majadahonda que busca o primeiro botín do ano
Pescados Rubén Burela FS visita mañá, na xornada 18 de Primeira Feminina, a pista dun FS Majadahonda que buscará na casa o primeiro botín de 2020 para recuperar as boas sensacións coas que despediu o ano e tomar aire así coa zona de perigo. A cita de La Granadilla arrincará ás 20.00 horas.

As madrileñas reciben as Guerreiras na décimo terceira praza, con 14 puntos, e coas recentes derrotas ante Roldán (1-4) e Zaragoza (2-1). En fronte saltarán á pista as mariñás, tras o traballado triunfo ante Móstoles (4-3), na segunda posición (46 puntos). “Despois dun partido moi difícil, esperamos un rival que non nos poñerá as cousas doadas. Majadahonda sempre planta cara na súa casa, ante calquera rival; é un grupo que se coñece moi ben, cun estilo de xogo marcado con xogadoras moi verticais” advertían Ale de Paz, autora dun dobrete a semana pasada e tamén no 5-0 precisamente da primeira volta ante as ‘majas’. “Non son unha xogadora goleadora, pero están saíndo ben as cousas e intentarei seguir coa racha” recoñecía a xogadora nedense, incidindo en recuperar a liña de partidos das burelistas, con resultados curtos: “O ideal sería volver a partidos que reflectían no marcador o noso acerto defensivo, con portería a cero ou poucos goles encaixados”.

A expedición partirá mañá ás 9.30 horas coas ausencias de Peque, que xa non puido participar ante Móstoles por unha escordadura leve de nocello e contractura de xemelgo, nin Ana Romero, que sofre escordadura de ligamento lateral interno de xeonllo. Poderá estar dispoñible a porteira de Comarcal A Fervenza FSF Lucía Paz.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.