11/02/2020

Eto'o, dispoñible para o gran desafío de Copa do Rei no Palau

Eto'o, dispoñible para o gran desafío de Copa do Rei no Palau
O Pescados Rubén Burela FS abrirá a semana de dobre competición mañá para o gran desafío de cuartos de Copa do Rei coa visita ao todopoderoso FC Barcelona. A última incorporación laranxa, o pivote brasileiro Lucas Eto’o, estará dispoñible para a cita, que poderá seguirse por Esport3, ás 15.30 horas. “Espero que sexa un bo debut; o equipo non ten nada que perder e moito que gañar”, explicaba Lucas Miguel Pereira da Silva ante o compromiso no Palau para pelexar polo billete para a fase final ante o actual campión.

Arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez, o novo 16 laranxa, que cumprirá 24 anos a finais de febreiro, non quixo agochar a súa ilusión: “Esta é a miña primeira experiencia fóra do Brasil. Para min é un reto importante. Veño a un grande equipo; agradezo a Burela esta oportunidade, confío no meu traballo e no meu potencial para axudar no obxectivo da permanencia na mellor liga do mundo”.

“É un cambio radical, persoal e deportivo. Estoume adaptando aos poucos, pero as sensacións son boas, estoume afacendo á vida en España e ao ritmo de xogo” valoraba así o pivote as súas primeiras semanas na Mariña, prometendo garra e desexando fortuna de cara a portería nesta nova aventura: “Creo que podo axudar con forza e constancia. Son un guerreiro, un xogador de equipo con visión de gol. Oxalá poida axudar en todos os aspectos ao equipo e conseguir facer historia aquí” confesaba Eto’o, terceira incorporación desta segunda volta para os de Juanma Marrube, xunto aos tamén brasileiros Xande de los Santos e Pixote.

A expedición viaxará mañá desde Avilés; ás ausencias de Pitero e Amoedo, sumarase Pope, por un traumatismo no pé sufrido no adestramento desta mañá.

Horarios do resto de enfrontamentos (mércores 12):

Soliss FS Talavera-Industrias Santa Coloma (21.00 horas)

Real Betis Futsal- Servigroup Peñíscola (20.00 horas)

Jaén Paraíso Interior-Jimbee Cartagena FS (21.00 horas)

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Pixote, 15. Xande, 16. Eto’o, 18. Renato Rodrigues, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.