14/02/2020

Novo obxectivo, mesmo rival: Leganés

Novo obxectivo, mesmo rival: Leganés
Tan só unha semana despois da clasificación do Pescados Rubén Burela FS para a final four de Copa da Raíña na pista do Leganés Masdeporte, a liga volve conducir as Guerreiras a La Fortuna para disputar este sábado, ás 19.15 horas, a xornada 20.

“Foi un partido moi difícil pero serviunos para corrixir erros para a liga e poder regresar cos tres puntos” apuntaba Jane, autora do gol da vitoria da semana pasada (1-2) tras un partido no que lles tocou sufrir ás mariñás: “Tivemos posesión, xogo e ocasións pero debemos estar máis concentradas nos últimos metros; temos que ser máis efectivas” puntualizaba a brasileira.

O conxunto galego ten moi presente a súa última cita. Desde a segunda praza (52 puntos), as pupilas de Julio Delgado e Lucas volveranse atopar cun rival extramotivado, coma na Copa, que pelexa por afastarse da zona de perigo, ocupando a 12ª posición (15 puntos); nesta segunda volta só puido puntuar ante o pechacancelas, Xaloc Alacant (1-5).

Na ida os tres puntos quedaronen Vista Alegre, con 3-1.

Ás ausencias de Ana Romero e Cami, ademais da enfermidade de Ale de Paz, súmanse Jenny Lores, por molestias nun xeonllo tras unha caída en La Fortuna o sábado, e Bea Mateos, por unha contusión nun pé.

Convocatoria Leganés Masdeporte: Luci, Chuli, Patry Montilla, Saki, Puche, Ampi, Patri Blázquez, Guti, Stone, Yrezábal, Elena Aragón, Sandra

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris Lourés, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 13. Lucía Paz, 19. Luci

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.