17/02/2020

Galicia Sub-19, sen premio

Galicia Sub-19, sen premio
O gran traballo de Galicia Sub-19 e das Xoias Laranxas non puido gañar o billete para a loita definitiva polo Campionato de Seleccións Autonómicas disputado esta fin de semana en Las Rozas. A Irmandiña, con Jorge Quelle, Renato Rodrigues -con gol- e Bruno García, caeu na semifinal ante o campión, Madrid (5-3), que se alzou co título con 5-1 sobre Andalucía.

Ligazón FUTGAL

Galicia Sub-16, pola súa banda, quedou subcampioa, tras sucumbir nos penaltis ante Baleares (1-1).

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”