17/02/2020

Valdepeñas, para comezar outra semana de dobre compromiso

Valdepeñas, para comezar outra semana de dobre compromiso
O Pescados Rubén Burela FS continúa sen tregua o seu camiño nun calendario de máxima esixencia. Tras Copa do Rei e liga ante ElPozo e en menos de sete días, Valdepeñas será a terceira cita para os de Juanma Marrube noutra semana de dobre compromiso, en liga. Mañá o Virgen de la Cabeza acollerá a xornada 20 (aprazada do día 8) a partir das 21.00 horas.

Os laranxas terán que pelexar para sacar algo positivo na pista do gran descubrimento da tempada, que custodia a terceira praza (41 puntos) e que ademais esperará os galegos con moitas ganas de desquitarse ante a derrota do sábado na casa de Industrias Santa Coloma (8-3), rompendo a racha 11 xornadas sen perder. Tan só Levante (3-6, xornada 8) lle impediu puntuar como local e arrebatáronlle puntos Aspil (2-2, xornada 2), Santa Coloma (2-2, xornada 6) e Palma (xornada 18). “Sabemos que vai ser un partido moi esixente; é sen dúbida o equipo revelación desta liga. Está facendo moi ben as cousas, mostrándose regular tanto na casa coma a domicilio. Tras o último tropezo terán moitas ganas de recuperar sensacións” advertía unha das Xoias Laranxas, Pitero, que puido dispoñer de minutos ante ElPozo en Vista Alegre logo de estar ausente nun par de encontros por unha lesión no cuádriceps.

Na ida, os castelano-manchegos apropiáronse dos puntos, con 1-4. “Temos que aprender dos erros que cometemos na ida. Temos que saír a por todas, mantendo a concentración e a intensidade. En Vista Alegre disputamos unha primeira parte igualada, pero tras o descanso faltounos claridade de ideas. Chegamos nun momento de bo xogo no que só nos está faltando un pouquiño” reflexionaba o 9 laranxa.

A expedición de Juanma Marrube, formada por 13 xogadores e xa en Valdepeñas, realizará dobre sesión de adestramento, hoxe ás 21.00 horas e mañá ás 11.30 horas.

Expedición Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 9. Pitero, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Pixote, 14. Pope, 15. Xande, 16. Eto'ou, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza

Rumbo a Peñíscola. Ao finalizar o encontro, os mariñáns continuarán o seu periplo lonxe de Galicia, con rumbo a Peñíscola, para medirse o venres (21.00 horas) ao cadro do ex-burelista Juanlu Alonso na xornada 22.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.