2019/20 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
18/02/2020
Valdepeñas 4-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido comezar esta segunda semana de dobre esixencia puntuando. A escuadra laranxa, coa retirada de Matamoros nos compases iniciais por molestias nun xemelgo, non puido facer fronte á revelación da tempada, Viña Albali Valdepeñas (4-1), que conseguiu tomar vantaxe no marcador grazas á estratexia cun tanto temperán en cada parte e despois atopar oportunidades fronte ao xogo de cinco dos galegos. Nova oportunidade: Os mariñáns continuarán coa súa xira semanal poñendo rumbo esta noite xa a Peñíscola, onde disputarán a xornada 22 o venres, a partir das 21.00 horas.

O ex dos laranxas Chino deulles a vantaxe aos locais nada máis saltar á pista, no minuto 3, aproveitando un saque rápido de esquina. Comezou entón a costa arriba para os galegos; antes da medianía do primeiro acto Pope e Joselito dispuxeron das mellores visitantes chocando primeira fronte ao Edu de Valdepeñas e máis tarde con P. Ibarra. O meta naronés mantivo aos de Juanma Marrube no partido con dúas grandes intervencións ante Cainan e Chino nos minutos 14 e 15. Rozando o descanso Xande non puido aproveitar a ocasión para empatar en dobre penalti.

Rafael Rato ampliou as distancias no regreso á pista, sentenciando de novo desde un saque de córner. No 27, o Pescados Rubén Burela apostou por xogo de cinco con Joselito. Non houbo fortuna e no 31 o meta local subiu o 3-0. O porteiro xogador foi o baluarte dos mariñáns, que conseguiron reducir distancias no 39, con Álex Diz, aínda que Rafa Rato volveu recuperar a vantaxe nos últimos compases, co definitivo 4-1.

Ficha técnica


Viña Albali Valdepeñas FS: Edu, M. García, P. Ibarra, Nano, Cainan, cinco inicial; tamén xogaron Catela, Jose Ruiz, Rafael Rato, Chino, Dani Santos, Juanan

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Matamoros, Renato, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Pitero, Joselito, Pope, Pixote, Xande

Goles: 1-0, minuto 3, Chino; 2-0, minuto 23, Rafa Rato; 3-0, minuto 31, Edu; 3-1, minuto 39, Álex Diz; 4-1, minuto 40, Rafa Rato

Árbitros: García Hernández // Redondo Arenales. Por Burela amarela a Renato (minuto 20), Xande (minuto 34), Lucho (minuto 38)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Primeira División disputado no Virgen de la Cabeza de Valdepeñas.
Publicidade
X Pechar