21/02/2020

O novel Xaloc para celebrar o Entroido en Vista Alegre

O novel Xaloc para celebrar o Entroido en Vista Alegre
As Guerreiras Laranxas reciben mañá o novel Xaloc Alacant en Vista Alegre para celebrar o Entroido coa xornada 21 (18.30 horas). Desde a segunda praza (55 puntos), o Pescados Rubén Burela FS medirase a un rival ao que lle está custando a elite e que pecha a táboa, con 3 puntos.

“O equipo ten ganas de callar un bo partido en Vista Alegre. Vimos dunha excelente saída; despois do partido de Copa -un pouco máis escuro-, a semana pasada en Leganés a imaxe foi diferente, cumprindo con todo o que nos pedía o míster”, explicaba así Cristina as sensacións do vestirario laranxa tras o triunfo 2-6, con firma de dobre diana da murciana.

“Temos confianza e ganas de dar un bo espectáculo na casa. Non creo que Xaloc nos vaia a poñer as cousas tan doadas como pode indicar a clasificación. É un equipo que na casa ten marcadores axustados; vén de perder 2-3 con Zaragoza e na súa última saída, a Roldán, perdeu só de 2 goles”, advertía a 5 burelista, recoñecendo o bo traballo da semana para que mañá brille o laranxa: “Seguimos con algunha baixa, pero foi unha semana moi boa de adestramentos. Xa imos tendo incorporacións, aínda que algunhas sexan paulatinas; podémolo suplir coa nosa amplitude de persoal”.

Se así o estima o corpo técnico, este será o sétimo partido de liga para a pivote; xa queda atrás a lesión de xeonllo que a afastou a tempada pasada das pistas: “Cada vez estou mellor, con máis ritmo; ao principio faltábame un pouco. Os minutos estanme dando confianza e axúdanme a mellorar en fondo. Espero estar ao cento por cento en pouco tempo”.

Ás ausencias de Ana Romero, Cami, Bea Mateos e Ale de Paz, sumarase Jane, por unha sobrecarga.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris Lourés, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 13. Lucía Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.