02/03/2020

Liga en mércores ante Cartagena con agasallo para @s soci@s

Liga en mércores ante Cartagena con agasallo para @s soci@s

Ao Pescados Rubén Burela FS non lle tocará descanso ligueiro na semana de Copa de España de Málaga. Os pupilos de Juanma Marrube mediranse este mércores ao Jimbee Cartagena, correspondente á xornada 15, aprazada no mes de decembro por inclemencias meteorolóxicas. Vista Alegre acollerá a cita a partir das 21.00 horas e cada soci@ poderá levar un invitad@ á cita; recibirá a entrada totalmente gratuíta para o seu acompañante no acceso ao pavillón.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”