02/04/2020

O Pescados Rubén Burela acóllese ao ERTE por causas de forza maior

O Pescados Rubén Burela acóllese ao ERTE por causas de forza maior

O Pescados Rubén Burella FS viuse na obriga de tomar medidas drásticas para frear o impacto do COVID-19, coa suspensión de toda actividade deportiva. Con data do 1 de abril, a entidade laranxa recibiu a notificación de aceptación por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria sobre a solicitude de Expediente de Regulación Temporal de Emprego por causas de forza maior, tras o decreto de Estado de Alarma do pasado 14 de marzo.

O ERTE, tramitado con acordo absoluto entre @s empregad@s e a entidade debido á inexistencia de actividade, afecta á totalidade do cadro de persoal, 42 persoas, incluíndo xogadoras e xogadores de Primeira División RFEF, corpos técnicos, profesorado de base e persoal de oficina.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”