08/05/2020

Conta atrás para o play-off exprés

Conta atrás para o play-off exprés

Ao Pescados Rubén Burela FS preséntaselle o play-off exprés polo título de liga feminina como horizonte máis inmediato. Tras a aprobación desta mañá por parte da Comisión Delegada da RFEF sobre a proposta de resolución de competicións non profesionais, as Guerreiras Laranxas poñeranse a traballar con todos os protocolos de seguridade para presentarse na data, hora e sede indicadas polo órgano competente para púgnaa polo galardón.

Futsi Atlético Navalcarnero, Pescados Rubén, Ourense Envialia e Alcorcón FSF, os catro primeiros clasificados, serán os candidatos ao trofeo de 2019-20, nunha cita sen afluencia de público.

O Pescados Rubén volverá contar con dobre representación na elite en 2020-21. A falta de 7 xornadas e con 21 puntos en xogo, o conxunto masculino mantén a categoría, de acordo coa disposición de dar por finalizada a competición sen descensos (en todas as categorías de fútbol sala).

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.