21/05/2020

Joselito causa baixa en Burela

Joselito causa baixa en Burela

José Antonio Macías Pérez, Joselito, causa baixa en Burela. O ala gaditano, con contrato en vigor ata o 30 de xuño, non formará parte do proxecto do Pescados Rubén para 2020-21.

Joselito chegou á costa luguesa en 2019, cedido polo Palma Futsal, como reforzo invernal na xesta do ascenso a Primeira División. O club laranxa deséxalle fortuna nos seus novos proxectos.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”