22/05/2020

O Pescados Rubén e Luisma separan os seus camiños

O Pescados Rubén e Luisma separan os seus camiños

Os camiños do Pescados Rubén Burela FS e do logroñés Luis Martínez Somalo, con contrato ata o 30 de xuño, separaranse despois de tres exercicios xuntos.

Veteranía, temperanza e sobre todo unha profesionalidade exemplar foron algunhas das contribucións do ala-pivote Luisma durante unha etapa na que o equipo mariñán soubo reconverterse para pelexar polo seu merecido regreso á elite e así gozar dunha das mellores ligas do mundo de novo.

Luisma, agradecemos o teu labor ao longo destes anos sobre a pista, non só como xogador senón tamén como parte da engrenaxe do profesorado da nosa escola. A sorte acompañarate en calquera proxecto que emprendas, sen dúbida!

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”