11/06/2020

O Pescados Rubén, directo á final polos play off exprés (Málaga, 28 de xuño)

A renuncia de Futsi Atlético Navalcarnero deixa a escuadra das Guerreiras Laranxas como o mellor clasificado dos tres aspirantes
O Pescados Rubén, directo á final polos play off exprés (Málaga, 28 de xuño)

O Pescados Rubén Burela FS xogará directamente a final dos play off exprés de Primeira Feminina en Málaga, o domingo 28 de xuño; así o deu a coñecer a RFEF este mediodía. A renuncia de Futsi Atlético Navalcarnero deixa a escuadra das Guerreiras Laranxas como o mellor clasificado dos tres aspirantes ao título; de tal xeito, as mariñás agardarán na gran pugna o vencedor da semifinal entre Ourense Envialia e AD Alcorcón, que se disputará o venres 26.

Partido 1/2 Final:
Venres 26 de xuño (horario por definir) Ourense Envialia FSF - AD Alcorcón FS

Partido Final:
Domingo 28 de xuño (horario por definir) Pescados Rubén Burela FS - Gañador (Ourense Envialia FSF- AD Alcorcón FS)

Tras a Supercopa de España conquistada en Las Rozas ante Futsi, o Pescados Rubén Burela FS pelexará en terras andaluzas por un novo título da tempada, nunha nova festa do fútbol sala. O Palacio dos Deportes José María Martín Carpena non só será sede para Primeira Feminina senón que tamén acollerá o título de Primeira Masculina, entre o día 23 e o 30, e a praza de ascenso a esta categoría, desde Segunda, entre o 26 e o 29.

Ligazón RFEF

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.