2019/20 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
23/06/2020
#MotivosParaLuchar: Apoia ás nosas Guerreiras nos play off exprés polo título de liga!
Estreamos a campaña #MotivosParaLuchar para apoiar ao noso equipo na final do play off exprés da Primeira División Feminina.
Tras uns meses complicados nos que o fútbol sala pasou a un segundo plano e o importante era a loita diaria contra o Coronavirus, finalmente o esforzo de todos e todas serviu para que algunhas competicións deportivas poidan finalizar as súas tempadas con todas as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades. Xuntos e xuntas lográmolo e, agora, toca loitar e pelexar por conseguir estar novamente no máis alto.

As nosas Guerreiras Laranxas disputan esta próxima fin de semana a fase final da Primeira División Feminina, nuns play off exprés cuxo último partido celebrarase o domingo 28 de xuño ás 17:30 horas (emitido en directo por medio de Teledeporte).

Tras meses de confinamento, de responsabilidade e dun gran sacrificio por parte do noso club, a nosa afección e os nosos patrocinadores, toca que o balón se poña a rodar. Queremos recompensar todo o seu esforzo cunha alegría! Os seus sacrificios permitíronnos poder disputar a fase final do campionato con plena seguridade, e por todos eles loitaremos para que novamente o Pescados Rubén Burela FS sexa un motivo de orgullo na Mariña.

Por todos aqueles que nos apoiaron durante a tempada, que nos axudaron e animaron en cada partido, loitaremos ata o final.

Sodes o PRINCIPAL MOTIVO PARA LOITAR!
Publicidade
X Pechar