26/06/2020

As Guerreiras Laranxas, en busca do terceiro campionato de liga da Primeira División RFEF

O equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS loitará esta fin de semana por seguir ampliando a súa palmarés de títulos.
As  Guerreiras  Laranxas, en busca do terceiro campionato de liga da Primeira División RFEF

11 anos pasaron desde o debut do equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS, facendo a súa estrea na División de Prata en 2009. Neste curta pero intensa traxectoria, o equipo das Guerreiras Laranxas logrou obter un palmarés impresionante, grazas ao seu esforzo, dedicación e garra nos momentos máis complicados.

Así, no ano do seu debut, no comezo da historia, xa puidemos celebrar a consecución da Copa de Galicia Feminina 2009. Un logro que conseguimos noutras catro ocasiones nestes anos de traxectoria, a última lograda na tempada 2018-19 na Coruña. Pero, sen dúbida, o broche de ouro dese primeiro ano de formación do equipo foi a consecución do ascenso á División de Honra.

Tras uns anos consolidándose nos postos altos da táboa na Primeira División de Fútbol Sala, as nosas xogadoras do Pescados Rubén Burela FS conseguiron na tempada 2012-13 o seu primeiro campionato da Primeira División RFEF. Un logro que foi acompañado pola primeira Copa de España Feminina obtida polo club, rexistrando un dos mellores anos da súa historia.

A tempada 2015-16 tamén logrou pecharse con grandes éxitos que engordaron o palmarés do equipo e que calquera club asinaría a principios dunha tempada: segundo campionato da Primeira División RFEF e campioas da Supercopa de España Feminina.

Finalmente saltamos ata a tempada 2018-19, no que as nosas Guerreiras lograron a Copa da Raíña, a Supercopa de España e fixéronse coa vitoria na 4 Nations Futsal Cup, despois de impoñerse na final ao Kick off C5 de Milán.

Todos estes logros obtivéronse en 11 anos de traxectoria nos que as xogadoras do Pescados Rubén Burela FS non deixaron de dar alegrías ao club e á afección. Agora o equipo enfróntase a uns play-offs para lograr o terceiro título de liga. Podedes seguir o partido en directo este domingo 28 de xuño ás 17.30 horas por medio de Teledeporte.

Para Burela xa sodes unhas campioas!

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.