29/06/2020

A Copa da Liga 2019-20 xa está en Burela

As Guerreiras Laranxas foron recibidas no consistorio burelao polo alcalde, Alfredo Llano
A Copa da Liga 2019-20 xa está en Burela

Despois de máis de 12 horas de autobús e un repertorio moi amplo de karaoke, por fin a Copa da Liga 2019-20 chegou hoxe a Burela sobre o mediodía. As Guerreiras Laranxas foron recibidas no consistorio burelao polo alcalde, Alfredo Llano, e parte da corporación, ademais da afección máis achegada do equipo, mantendo as medidas sanitarias.

O Pescados Rubén Burela FS brindou o galardón, que constitúe o terceiro da tempada tras 4Nations Futsal e Supercopa de España, á sempre fiel afección e a toda A Mariña, cunha mensaxe moi especial para a Saúde Pública por coidarnos nestes momentos tan complicados e para a supervivencia dos postos de traballo de Alcoa.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”