01/07/2020

O Pescados Rubén abandona a LNFS

Tras a baixa na LNFS, o club recupera para todos os efectos os seus dereitos de imaxe e TV
O Pescados Rubén abandona a LNFS

O Pescados Rubén Burela FS viuse abocado a dirixir escrito á LNFS comunicando a súa baixa na asociación con efectos do 30 de xuño.

Accións xudiciais da LNFS non consensuadas cos clubs membros levaron á RFEF a asumir as competencias organizativas da Liga, motivo polo cal o obxecto da asociación conforme aos seus estatutos queda baleiro de contido.

Tras a baixa na LNFS, o club recupera para todos os efectos os seus dereitos de imaxe e TV que tiña cedidos durante esta tempada baixo as premisas de organización da competición e de pertenza á LNFS .

Noticias destacadas

Nunha primeira xornada de liga na que viaxarón a Rubí, as Pícaras lévanse os tres puntos ante un Laínco Rubí FS que ofreceu unha boa resistencia ante un conxunto máis veterano.

Nesta entrevista aborda distintos temas como a pretemporada, a planificación deportiva, a súa valoración das futbolistas que chegaron este verán ao equipo entre outros temas.