01/07/2020

O internacional polaco Kaluza, segunda tempada en Burela

A entidade mariñá e o meta internacional con Polonia chegaron a un acordo de renovación para a vindeira tempada
O internacional polaco Kaluza, segunda tempada en Burela

O Pescados Rubén Burela FS volverá coa calidade e xuventude de Michal Marek Kaluza baixo paus. A entidade mariñá e o meta internacional con Polonia chegaron a un acordo de renovación para a vindeira tempada.

M. Kaluza recalou nas filas laranxas o ano pasado, procedente do Rekord Bielsko-Biala, para compartir responsabilidades e moitos minutos coa veteranía de Edu e compatibilizar a súa primeira experiencia na elite española cos chamamentos do combinado polaco.

A continuidade de Kaluza súmase ao proxecto dun bloque que volverá pelexar na Primeira División integrado pola experiencia de Matamoros e Lucho, o toque da casa de Iago Míguez e Renato, a proxección de Pitero e a polivalencia de Álex Diz.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”