03/07/2020

A meta Ana Romero causa baixa nas filas laranxas

Catro intensas e exitosas tempadas compartiron andadura a porteira de Yecla e o Pescados Rubén Burela FS
A meta Ana Romero causa baixa nas filas laranxas

A meta murciana Ana Belén Romero Pérez non formará parte das filas laranxas a vindeira tempada, despois de finalizar contrato o pasado 30 de xuño.

Catro intensas e exitosas tempadas compartiron andadura a porteira de Yecla e o Pescados Rubén Burela FS, conquistando a I Copa da Raíña Burela 2019, Recopa Milán 2019, Supercopa de España 2019 e a quinta Copa Galicia das vitrinas mariñás, ademais do recente título de Liga en Málaga.

Ana, tes os mellores desexos da Familia Laranxa nos teus novos proxectos lonxe da Mariña. Moita sorte!!!!

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.