07/07/2020

Jenny Lores non continuará no Pescados Rubén

Dende o Pescados Rubén agradecemos a túa dedicación e profesionalidade ao longo deste gran ano deportivo
Jenny Lores non continuará no Pescados Rubén

A ala-peche Jenny Lores Cortizo non continuará no novo proxecto do Pescados Rubén Burela FS para 2020-21.

A xogadora pontevedresa chegou á Mariña en agosto de 2019, procedente do Poio Pescamar, para compatibilizar as súas obrigas de laranxa na tempada do triplete coas da Selección Española.

Jenny, dende o Pescados Rubén agradecemos a túa dedicación e profesionalidade ao longo deste gran ano deportivo. Moita sorte no teu novo destino!

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”