21/07/2020

Xoves 6 de agosto, asemblea de soci@s

A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as
Xoves 6 de agosto, asemblea de soci@s

A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as para o xoves 6 de agosto de 2020. A reunión terá lugar no pavillón Vista Alegre (rúa dos Matos, s/n, Burela), garantindo todas as medidas sanitarias e de seguridade de distanciamento social; a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30.

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Orzamento Tempada 2020-21

3. Cotas de soci@s 2020-21

4. Cotas da Escola 2020-21

5. Filialidade Comarcal A Fervenza FSF

6. Rogos e preguntas

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”