24/07/2020

David Pazos nova fichaxe do Pescados Rubén

O ala coruñés selou o seu compromiso co Pescados Rubén Burela ata 2024
David Pazos nova fichaxe do Pescados Rubén

O xogador David Pazos regresa a Galicia para sumarse á Familia Laranxa. O ala coruñés selou o seu compromiso co Pescados Rubén Burela ata 2024, converténdose no segundo reforzo mariñán tras o pivote Diego Quintela.

Con gran emoción, o xogador indica que “tiña moitas ganas de volver competir en Galicia, de estar preto da miña familia e a miña xente. Ademais, estou especialmente ilusionado por poder retomar citas como a Copa Xunta, logo de estar varios anos lonxe”. Síntese moi identificado co fútbol sala de Pescados Rubén e co seu proxecto, compartindo plenamente os valores que se traballan no club.

Ao tratar o tema da situación actual e as súas expectativas respecto ao club, Pazos confesaba que “levamos moito tempo parados; estamos afeitos a vivir cun ritmo de competición e esixencia alto e iso bótase de menos”. A pesar deste tempo sen poder xogar móstrase seguro en “darlle continuidade ao traballo do club dos últimos anos e poder manter o equipo entre os mellores”.

Por último, debido á situación actual vivida pola pandemia, o xogador non dubida en dedicar unhas palabras a toda a xente e indicar que “esperamos contar co apoio do público na bancada axiña, pero o máis importante é a saúde. Está na man de todos e cada un vencer esta adversidade. A xente da Mariña soubo responder con esa responsabilidade para frear o brote”. Sobre todo, o que ten claro é que “Todos temos que saber adaptarnos a esta nova normalidade e combatela; no deporte temos que ser os primeiros en dar exemplo”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.