26/07/2020

Daniel Giasson incorpórase ao Pescados Rubén

O peche formalizou a súa fichaxe como cuarta novidade no proxecto 2020-21
Daniel Giasson incorpórase ao Pescados Rubén

O italobrasileiro Daniel Giasson únese ao proxecto laranxa. O peche formalizou a súa fichaxe como cuarta novidade no proxecto 2020-21 e ten claros os puntos que espera que lle achegue o Pescados Rubén Burela FS.

Tivo unha longa traxectoria en Italia e mesmo 3 tempadas en Primeira División Española, pero ten grandes esperanzas coa súa chegada a Burela. “Espero que me proporcione profesionalidade, chego con moita ilusión e moitas ganas de seguir gozando unha tempada máis da liga española”.

Pero non só ten esperanzas polo que o equipo poida darlle, senón que ten uns obxectivos marcados. “A loita e o compromiso necesarios para que o club siga dando a Burela un equipo de Primeira”.

O xogador efectuou un pequeno repaso a como valora a volta ao Campionato tras o sucedido co Covid-19. “Creo que será unha volta á competición un pouco atípica polo tema do público, o tempo de preparación, carga de partidos ao comezo... Pero logo do que vivimos, creo que podería representar unha esperanza de volta á normalidade”.

Por suposto, a pesar da gran ilusión por unirse ao equipo, Giasson tamén tivo espazo para transmitir unha mensaxe de apoio ás persoas que seguen loitando contra a pandemia. “Non hai que deixar de loitar; a responsabilidade de cada un é moi importante. Esperamos que o fútbol sala poida ser un entretemento para todos”.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.