28/07/2020

Estrea de pretempada para los pupilos de Juanma Marrube

O novo Pescados Rubén Burela FS estreou onte oficialmente a pretempada 2020-21 coa xuntanza de presentación.
Estrea de pretempada para los pupilos de Juanma Marrube

O novo Pescados Rubén Burela FS estreou onte oficialmente a pretempada 2020-21 coa xuntanza de presentación. O salón de conferencias da localidade mariñá acolleu a cita coa presenza de xogadores, corpo técnico-médico e directiva, nun proxecto baseado na identidade continuísta e na esencia laranxa.

O presidente, Manuel Blanco Fanego, deu a benvida a un grupo que volverá loitar entre os mellores na Primeira División avalado polo traballo das últimas tempadas. Edu e Matamoros capitanearán un equipo que continúa co compromiso de Michal Kaluza, Lucho, Álex Diz e Eto’o, contando coa filosofía da casa de Iago Míguez, Renato ou Pitero, á que tamén se unen as Xoias Nito, Renatinho, Bruno e Quelle. Como reforzos incorpóranse os galegos Quintela, dende Palma, e David Pazos, dende Aspil, ademais do internacional con Italia Giasson, procedente do Córdoba, e o regreso do canario Javi Rodríguez, tras a súa experiencia por Kuwait e Eslovenia.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”