2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
04/08/2020
Asemblea de soci@s, APRAZADA
Queda aprazada a Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as convocada para o xoves 6 de agosto de 2020 (pavillón Vista Alegre, 20.00 horas en 1ª convocatoria e 20.30 horas en 2ª convocatoria), de acordo coa Orde do DOG nº 151- Bis de 2020/07/29 -Xunta de Galicia.

"Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, de xeito temporal, durante o período no que se estenda a eficacia das medidas previstas na presente orde de acordo co seu punto quinto, limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social, na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de dez personas, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación".

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Orzamento Tempada 2020-21

3. Cotas de soci@s 2020-21

4. Cotas da Escola 2020-21

5. Filialidade Comarcal A Fervenza FSF

6. Rogos e preguntas
Publicidade
X Pechar