05/08/2020

Elena Aragón nova incorporación do Pescados Rubén

Elena incorpórase a Pescados Rubén con grandes esperanzas no que este lle pode achegar
Elena Aragón nova incorporación do Pescados Rubén

A andaluza Elena Aragón únese á Familia Laranxa. Formaliza a súa fichaxe e convértese na segunda novidade no proxecto 2020-21 de Pescados Rubén Burela FS, tendo moi claros os seus obxectivos co equipo.

Cunha espectacular traxectoria, Elena incorpórase a Pescados Rubén con grandes esperanzas no que este lle pode achegar. “Hai xogadoras con moitísima experiencia e calidade das que espero aprender. Ademais é un dos clubs destacados neste deporte e dos poucos que son profesionais, aquí poderei madurar tanto persoal como futbolisticamente”.

Coñecendo ás súas compañeiras polo momento só dos seus enfrontamentos na pista, a xogadora sabe perfectamente cal é a esixencia do seu novo club. “É un club competitivo que sempre quere gañar e conseguir títulos”.

Unha xogadora que durante a súa carreira demostrou moita clase e gran calidade, agora chega a Burela preparada para ofrecer a mellor versión de si mesma. Con ánimo e ganas de comezar, non dubida en compartir unha mensaxe para a afección: “Estou a desexar sentir pronto a calor da afección e poder responderlles dándoo todo e entregándome ao 200%. Esperemos que sexa un bo ano e podamos gozar todos xuntos do fútbol sala”.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”