06/08/2020

Jenny Santos continúa un ano máis con Pescados Rubén

O ala cumprirá o seu cuarto exercicio con Pescados Rubén Burela FS, presentándose como a quinta renovación do equipo
Jenny Santos continúa un ano máis con Pescados Rubén

A lusa Jenny Santos reafirma un ano máis o seu compromiso co proxecto laranxa. O ala cumprirá o seu cuarto exercicio con Pescados Rubén Burela FS, presentándose como a quinta renovación do equipo para a tempada 2020-21.

A actual situación provocada pola pandemia fai que o regreso sexa un tanto atípico, polo que Jenny ten claro o que pide para esta nova tempada. “Esta nova tempada vai ser diferente pola situación do covid, pero espero que as cousas melloren e non haxa máis interrupcións”.

Despois de dous anos no equipo e sumando cinco títulos co Pescados Rubén, a xogadora síntese con novas forzas para afrontar este reto que se presenta. “Pasáronseme voando estas vacacións. Parece que foi onte cando rematamos a liga, pero gocei moito e recarguei pilas”.

Por suposto, estes ánimos chegan acompañados de altas expectativas para o equipo. “O noso obxectivo é gañar todos os títulos nos que compitamos, que as lesións nos respecten e que poidamos gozar ao máximo”.

Esta volta vén acompañada da ausencia da afección e Jenny está segura de que a botará de menos nos partidos, aínda cando demostra a súa confianza e agarimo polos seguidores do equipo. “A de Burela é a mellor afección de España; sempre nos achega un plus, é imposible non botala de menos. Oxalá nos poidan acompañar axiña”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.