08/08/2020

Cely Gayardo regresa a Pescados Rubén

A brasileira Cely Gayardo é unha das novas incorporacións para a Familia Laranxa
Cely Gayardo regresa a Pescados Rubén

A brasileira Cely Gayardo é unha das novas incorporacións para a Familia Laranxa. Tras nove anos o ala regresa a Pescados Rubén Burela FS, equipo co que se estreou no fútbol sala español e ao que non perdeu a pista durante este período.

Tras a súa longa traxectoria en Italia e coas vitorias de tres Supercopas, tres Copas e tres Ligas no Calcio a 5, a brasileira regresa a Pescados Rubén con moitas ganas. “A miña primeira etapa no equipo foi moi curta. Cheguei a finais de xaneiro e non tiven todo o tempo que me gustaría e que precisaría para adaptarme ao cambio de xogo do Brasil a España”. Por suposto, a xogadora de 31 anos está disposta a chegar todo o máis alto na súa nova etapa en Burela: “Esta vez, chego a principios de tempada, así que ese tempo vouno ter e agardo chegar canto antes ao meu máximo nivel e poder contribuír para esa etapa gañadora dos últimos anos”.

A pesar da distancia, a xogadora nunca deixou de seguir os pasos do que foi o seu equipo e polo que sente unha gran admiración. “Pescados Rubén Burela FS é un exemplo de equipo profesional de fútbol sala, é un espello para os demais equipos arredor do mundo. Desde que pasei por aquí e marchei xogar a Italia, sempre seguín a liga española e aínda máis o Burela, cando era posible. Celebrei os títulos do equipo desde Italia”.

Confiada en que os títulos chegarían algún día ao equipo, agora a nova 23 laranxa móstrase impaciente por celebrar novas vitorias coas súas compañeiras. “Logo de tanto tempo sen poder xogar e adestrar debido ao Covid, non vexo a hora de volver á pista e poder facer o que máis me gusta. Síntome preparada e ilusionada ante este desafio e espero contribuír a que o Pescados Rubén Burela FS poida seguir coa media de títulos dos últimos anos”.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.