10/08/2020

A RFEF avoga por un Plan avalado polos poderes públicos para iniciar as competicións

A Real Federación Española de Fútbol considera imprescindible dispoñer das máximas garantías para comezar de inmediato as competicións
A RFEF avoga por un Plan avalado polos poderes públicos para iniciar as competicións

A Real Federación Española de Fútbol considera imprescindible dispoñer das máximas garantías para comezar de inmediato as competicións da vindeira tempada e avoga, xunto ao resto de federacións de deportes de equipo, por un “Plan Transversal” avalado polos poderes públicos que ofreza esas garantías sanitarias e jurídicas para os xogadores e resto de actores, os responsables dos clubs e os organizadores.

[...]

Na reunión convocada hoxe, a RFEF xunto coas Federacións Territoriais de Fútbol acordaron por unanimidade traballar co obxectivo preciso de que cada una delas concrete coas autoridades deportivas e sanitarias da súa Comunidade Autónoma cales son os requisitos esenciais e mínimos para poder empezar canto antes as competicións que compete organizar ás FFTTs e que poidan iniciarse no momento en que as autoridades autonómicas as autoricen a iso.

[...]

As competicións oficiais de todos os deportes deberían iniciarse de xeito urxente nas vindeiras semanas e por iso resulta Igual de urxente a existencia do “Plan Transversal” que dea as garantías sanitarias e xurídicas suficientes aos deportistas federados, aos clubs e aos organizadores, e que o devantdito plan conte coa “autorización” dos poderes públicos competentes na materia. Así se fixo para rematar a Tempada 19/20 e así debe facerse para dar comezo á Tempada 20/21, nun traballo leal e construtivo coas diferentes administracións.

A RFEF convocou tamén os representantes dos diferentes estamentos participantes nas competicións profesionalizadas nos órganos federativos creados para estes fins onde están representados os clubs, os futbolistas, os árbitros e os adestradores para analizar a situación e sacar as conclusións precisas para adoptar os acordos pertinentes, como sempre se fixo e como é norma nesta Federación.

Calquera outra iniciativa á marxe da lei do deporte e das normas aprobadas polo CSD de entes que non teñen representación no contexto da antedita lei son estériles e só teñen como obxectivo crear confusión e responder a intereses completamente alleos á salvagarda dos intereses dos clubs e dos futbolistas. A lei do deporte define cales son os órganos competentes para resolver os temas relativos ás competicións deportivas e entes e asociacións á marxe da lei do deporte nada poden nin deben decidir.

[...] É intención da Federación comunicar aos clubs o comezo da tempada con polo menos 30 días de antelación, unha vez haxa un protocolo nacional aprobado polos poderes públicos competentes.

LIGAZÓN NOTA INFORMATIVA RFEF COMPLETA

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.