31/08/2020

18 de outubro, posible comezo para Primeira Masculina 2020-21

Así deu a coñecer este mediodía a RFEF o inico da tempada 2020-21 nas competicións federadas de ámbito estatal
18 de outubro, posible comezo para Primeira Masculina 2020-21

Primeira División Masculina de Fútbol sala arrincará o 18 de outubro salvo que haxa acordo unánime cos clubs para empezar non antes do 4 de outubro. Así deu a coñecer este mediodía a RFEF o inico da tempada 2020-21 nas competicións federadas de ámbito estatal, tras a decisión de forma unánime a Comisión de Presidentes de federacións de ámbito autonómico, pendente de ratificación pola Comisión Xestora.

Tanto en fútbol feminino coma en fútbol sala o resto das categorías comezarán a partir do 18 de outubro. Pola súa banda, as categorías xuvenís comezarán a tempada a finais de outubro, sempre que o mencionado protocolo se atope vixente.

LIGAZÓN NOTA INFORMATIVA RFEF COMPLETA

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”