04/09/2020

A RFEF continúa coas reunións explicativas sobre as novas emendas ás Regras de Xogo de Fútbol Sala

Tras as últimas emendas aplicadas ás Regras de Xogo do Fútbol sala por parte da FIFA
A RFEF continúa coas reunións explicativas sobre as novas emendas ás Regras de Xogo de Fútbol Sala

Tras as últimas emendas aplicadas ás Regras de Xogo do Fútbol sala por parte da FIFA, a Real Federación Española de Fútbol, no seu afán por explicar, de maneira detallada e por igual, as modificacións que entrarán en vigor neste inicio de competición, iniciou o pasado 1 de setembro unha serie de reunións telemáticas cos diferentes clubs e axentes nacionais interesados na súa aplicación e desenvolvemento.

O obxectivo principal destes encontros é unificar a interpretación das regras para o próximo curso deportivo

Deste xeito, a entidade, a través da Comisión Técnica Nacional de Árbitros de Fútbol sala, concluíu onte, 3 de setembro, os coloquios cos representates de Primeira e Segunda División Masculina . Durante a xornada, que continuou coas explicacións en base a unha presentación didáctica e visual, Pedro Galán, presidente do CTNAFS, fixo fincapé no segundo bloque de emendas que quedaron sen diseccionar na primeira reunión.

CONSULTA AQUÍ AS NOVIDADES DAS REGRAS DE XOGO

Está previsto que estes encontros, nos que se favorece ao intercambio de informacións grazas ás preguntas dos asistentes, se desenvolvan ao longo de todo o mes de setembro cos diferentes axentes implicados: clubs de Primeira e Segunda División Feminina, Asociación de Xogadores, Informadores Arbitrais, Responsables Territoriais, Seleccionadores Nacionais e Territoriais, clubs de Segunda División B e clubs xuvenís de División de Honra.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.