11/09/2020

A elite do futsal, de novo escaparate para Burela Bonita

O Pescados Rubén Burela FS continúa un ano máis como escaparate de Burela Bonita polas pistas de Primeira División Feminina e Masculina
A elite do futsal, de novo escaparate para Burela Bonita

O Pescados Rubén Burela FS continúa un ano máis como escaparate de Burela Bonita polas pistas de Primeira División Feminina e Masculina a través da axuda nominativa concedida polo Concello.

O presidente da entidade mariñá, Manuel Blanco, foi recibido esta semana polo alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, para formalizar o devandito convenio correspondente á anualidade 2020, co obxecto de promover e divulgar o nome de Burela por toda a xeografía española, con notable presenza e repercusión en Televisión e prensa escrita de medios nacionais e internacionais.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”