2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
14/09/2020
3-4 de outubro para Masculino e 17-18 para Feminino, datas de inicio ligueiro en Primeira
A Comisión Xestora da Real Federación Española de Fútbol reuniuse este luns para aprobar as normas reguladoras, as bases de competición e as datas de inicio do fútbol federativo, entre os que se inclúe o fútbol sala.

A Primeira RFEF Futsal Masculina arrincará a fin de semana do 3 e 4 de outubro, mentres que a Primeira RFEF Futsal Feminina, a Segunda RFEF Futsal e a Segunda RFEF Futsal Feminina comezarán dúas semanas máis tarde, a fin de semana do 17 e 18 de outubro. Ademais, as categorías de Segunda División B e División de Honra Xuvenil, darán comezo as fins de semana do 24 ou 31 de outubro, en función do grupo ao que pertenza cada equipo.


Toda a información aquí. LIGAZÓN NOTICIA RFEF

Publicidade
X Pechar