17/09/2020

Os laranxas estrearán a liga 2020-21 na casa, coa visita de Cartagena

Tras sete meses exactos, a liga de Primeira Masculina regresará a Vista Alegre coa apertura de 2020-21
Os laranxas estrearán a liga 2020-21 na casa, coa visita de Cartagena

Tras sete meses exactos, a liga de Primeira Masculina regresará a Vista Alegre coa apertura de 2020-21 e repetindo o último rival. Despois daquela cita de marzo coa xornada 15 aprazada e como antesala descoñecida da suspensión da competición pola pandemia, Jimbee Cartagena volta á Mariña para disputar a primeira xornada ligueira fronte ao Pescados Rubén Burela FS de Juanma Marrube, o 3 de outubro.

Volve a ilusión da elite. “Estamos contentos con poder enfocar a competición, participar na mellor liga do mundo e ante grandes rivais, co fermoso obxectivo de manter a categoría e asentarnos en Primeira, pero tamén sendo moi conscientes da dificultade e o reto das nosas metas” así se amosaba o técnico laranxa ao coñecer o calendario publicado esta tarde pola RFEF, que arrincará cun mes moi duro e terá como clausura o 29 de maio de 2021, na casa de novo, con Palma : “Primeira División é moi dura e os rivais que nos tocan ao inicio así o demostran, con 7 xornadas, con enfrontamentos moi esixentes no primeiro mes, con 4 partidos en tan só 10 días”. Córdoba Patrimonio de la Humanidad será o primeiro rival a domicilio, na xornada 2, o 10 outubro, antes da visita do titánico Movistar Inter á Bomboneira o día 14. Ata o día 31, tocarán os desprazamentos ás pistas de Viña Albali Valdepeñas e Osasuna Magna, ademais de recibir a Futbol Emotion Zaragoza e Industrias Santa Coloma.

O derbi irmandiño, ante O Parrulo , chegará o 14 de novembro, coa xornada 9, e será na Mariña, coa volta na Malata o 2 de abril.

A visita a Barcelona marcará o inicio do Nadal, na xornada 15, con previsión de regreso o 4 de xaneiro para disputar as dúas últimas xornadas da primeira volta, recibindo a Peñíscola Globeenergy e saíndo a Palma.

Consulta o calendario completo

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.