21/09/2020

O Pescados Rubén Burela abrirá a liga con 230 abonos para os socios/as

Cumprindo co aforo máximo de 300 persoas estipulado dende a Xunta de Galicia
O Pescados Rubén Burela abrirá a liga con 230 abonos para os socios/as

Vista Alegre e o Pescados Rubén Burela FS poderán comezar a liga de 2020-21 co apoio da Bancada Laranxa. Cumprindo co aforo máximo de 300 persoas estipulado dende a Xunta de Galicia, a entidade mariñá habilitará 230 abonos, aos que se terá dereito por antigüidade de número de soci@. A reserva estará dispoñible entre hoxe e o venres, día 25, na sede do club.

A renovación da condición de socio/a será automática polo importe de 20 euros, que dará acceso á APP nova do club, cos partidos televisados vía streaming e promocións de descontos con patrocinadores laranxas.

Para poder gozar dos encontros en Vista Alegre, os socios 2020-21 poderán solicitar ao longo desta semana un dos 230 abonos dispoñibles. Unha vez rematado o prazo, o venres ás 14.00 horas, informarase de quen terá dereito a el, por número de soci@ 2019-20, para formalizalo a partir do luns 28 de setembro.

Existirán tres modalidades. A primeira será de 150 euros, no caso de escoller para as dúas competicións de Primeira, e a segunda e a terceira terán unha tarifa de 80 euros, ben sexa para Masculino, ben sexa para Feminino . Á zona de bancada alta aplicaráselle un 15% de desconto sobre estes importes. Os abonad@s terán dereito á selección do asento para a toda a tempada, en función da súa antigüidade.

Prezos 2020-21

Abono Primeira Masculina e Feminina: 150 euros (+20 euros de soci@)
Abono Primeira Masculina: 80 euros (+20 euros de soci@)
Abono Primeira Feminina: 80 euros (+20 euros de soci@)


Os abonos serán sempre nominativos e poderán deixarse a disposición do club no caso de que non se faga uso deles, con desconto de 5 euros en cada partido ata un 70% do importe do abono.

Horario de atención: De luns a xoves 10.00-14.00 // 16.00-19.00
Venres 10.00-14.00

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.