18/10/2020

O subcampión, próximo test para o Orgullo burelista

A xornada 4 de Primeira depara un novo test de altura para o grande inicio de de Pescados Rubén Burela FS
O subcampión, próximo test para o Orgullo burelista

A xornada 4 de Primeira depara un novo test de altura para o grande inicio de de Pescados Rubén Burela FS (domingo 18. 12.30 horas). O Viña Albali Valdepeñas, actual subcampión, será o terceiro rival dos pupilos de Juanma Marrube en tan só oito días. O orgullo e carácter burelista pelexará por reencontrarse coa vitoria no Virgen de la Cabeza, nunha cita que poderá seguirse en directo a través de CMMTV. LIGAZÓN

Con dous triunfos consecutivos e dando a cara ante Movistar Inter -aínda que sen recompensa-, agora os galegos busacarán en terras castelano-manchegas reencontrarse co botín, para seguir afianzando os seus pasos neste tramo inicial, de esixencia máxima. “O equipo está moi ben fisicamente. Traballamos toda a pretempada coa previsión dun calendario apertado. Estamos nunha boa liña e temos que seguir traballando así”, advertía unha das Xoias Laranxas, Pitero, un dos perigosos o martes fronte aos interistas. “Vimos dun partido moi complicado, cun gran desgaste non só pola esixencia do rival senón tamén porque nos faltaban dous compañeiros”, reflexionaba así o 6 mariñán antes de viaxar “a unha das pistas máis complicadas da liga, como demostraron sempre”.

Con esta intensidade de axenda, os de Mariskal enfrontaranse a un rival que só puido disputar a cita ante Elpozo (6-6), co posterior aprazamento de Jaén Paraíso Interior e Real Betis Futsal. “É certo que chegamos con moita máis carga nos últimos días, pero tamén con máis ritmo de competición e con moi boas sensacións. Mantendo esta liña poderemos volver cun bo resultado”, adiantaba o ala-pivote.

O equipo xa se atopa no seu destino, despois de viaxar toda a noite. A última sesión está prevista para as 20.15 no Virgen de la Cabeza.

Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Nito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Pitero, 7. Javi Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Giasson, 16. Eto’o, 20. David Pazos, 22. Álex Diz, 23. Quintela, 24. M. Kaluza

Mércores 21, Zaragoza en Vista Alegre

O balón volverá rodar xa o mércores coa xornada 5 en Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube saltarán á pista ás 20.30 horas para medirse a Fútbol Emotion Zaragoza.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.