05/12/2013

Alain Afflelou Óptico, en Burela, agasalla os socios/as laranxas

Alain Afflelou Óptico, en Burela, agasalla os socios/as laranxas

Alain Afflelou Óptico de Burela amplía a súa colaboración co CD Burela FS Pescados Rubén en 2013-14 agasallando os socios/as laranxas con suculentos descontos.



Sito na céntrica rúa Rosalía de Castro, número 25, da vila burelá, Alain Afflelou Óptico abriu as súas portas na primavera de 2008 abandeirado pola profesionalidade, unha amplísima gama de produtos e unha competitiva política de prezos. Baixo a xerencia de Marta Basanta, diplomada en Óptica e Optometría pola Universidade de Santiago, a franquía coida da saúde ocular con moda e estilo, e ofrece a posibilidade de financiar as compras sen intereses e sen comisións.



Achégate a Alain Afflelou de Burela e atoparás máis de 600 modelos de gafas graduadas, de marca propia e principais firmas; atractivos prezos en lentes de contacto e todas as novidades de sol.



 



Vídeo Nadal, Nadal

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.