05/03/2015

Alba Vila, patrocinador de Peque e Claudia

Alba Vila, patrocinador de Peque e Claudia

O Centro de Dietética y Nutrición Alba Vila reforza esta tempada a súa colaboración habitual co club co patrocinio de Peque e Claudia. Ata o establecemento de Burela, na praza do Mariñeiro, trasladáronse as xogadoras de Primeira División RFEF do CD Burela FS Pescados Rubén, acompañadas polo directivo José Ramón González Casas, para agradecerlle á xerente, Alba Vila, o seu fiel apoio á entidade e moi especialmente ao equipo feminino sénior.




Dende hai varias tempadas, Alba Vila supervisa a saúde dos xogadores e xogadoras da máxima categoría  como parte da planificación de preparación e rendemento deportivo; a especialista en Dietética e Nutrición adoutrina e aconsella os equipos sénior sobre hábitos saudables dende comezos de tempada, con seguimentos mensuais e avaliación de dietas personalizadas.




Ademais de Burela, a mariñá Alba Vila tamén dispón de establecementos en Foz (avenida da Mariña, número 25) e A Coruña (avenida de Hércules, 51) nos que, ademais de dietas individualizadas e nutrición deportiva, tamén ofrece entre os seus servizos destacados fitoterapia e medicina natural, cosmética natural, alimentación especializada (hipertensión arterial, diabéticos, colesterol...) e test de intolerancias alimentarias.

Noticias destacadas

Nunha primeira xornada de liga na que viaxarón a Rubí, as Pícaras lévanse os tres puntos ante un Laínco Rubí FS que ofreceu unha boa resistencia ante un conxunto máis veterano.

Nesta entrevista aborda distintos temas como a pretemporada, a planificación deportiva, a súa valoración das futbolistas que chegaron este verán ao equipo entre outros temas.