28/07/2022

Antón Arnejo incorporase ás filas do Pescados Rubén Burela

O á zurdo procedente do Santiago Futsal, incorpórase ao conxunto mariñán.
Antón Arnejo incorporase ás filas do Pescados Rubén Burela

Xoves 28 de xullo de 2022. Santiago Futsal e Pescados Rubén Burela acordan a fichaxe de Antón Arnejo por un ano.  Nacido en Santiago de Compostela en 1998, o á zurdo procedente do Santiago Futsal, incorpórase ao conxunto mariñán. 

Anteriormente militou no filial do Noia FS, Alto do Vento e as categorías inferiores de Santiago Futsal, onde pasou catro tempadas. 

Con este intégrase outro xogador novo con moito que ofrecer ao conxunto laranxa. 

Caracterizase por ser un xogador con descaro, con moito desborde e con moita intensidade ofensiva e defensiva. 

Nunha entrevista ofreceunos as seguintes declaracións: 

Como te defines como xogador?

“Primeiro que nada un xogador de equipo que intenta axudar aos seus compañeiros e dar o máximo no campo. En termos individuais, son un xogador que destaca por encarar na banda e pelexar no partido. “

Como te sentes pola túa fichaxe polo Pescados Rubén Burela?

“Estou moi ilusionado. Fixen unha boa tempada, pero colleume por sorpresa. Creo que podemos facer cousas moi bonitas, estou moi ilusionado por empezar. “

Que crees que podes aportar ao equipo?

“Compañeirismo. Axudar aos compañeiros, e en termos de partido descaro pola banda, alegría na pista e intensidade defensiva e ofensiva. “

Que obxectivos te marcas no clube?

Obxectivo individual, “facelo o mellor posible e adaptarme o máis rápido que poida”. En canto a termos de equipo: “gañar a confianza do adestrador e do público”. 

Como ves ao equipo para afrontar a tempada seguinte en segunda división? 

“Falando con máis xente da plantilla vexo que estamos ilusionados. Imos intentar despois dunha tempada complicada darlles as máximas alegrías á afección e facelo todo o mellor posible, pouco a pouco, marcando obxectivos. É pronto para poñerse límites ou obxectivos ambiciosos.  A afección pode estar tranquila porque imos dalo todo para facelo o mellor posible”

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.