14/10/2013

Burela FS B 3-2 A Estrada FS

Burela FS B 3-2 A Estrada FS

O Burela FS Pescados Rubén B recolleu esta fina de semana os tres primeiros puntos da casa, na terceira xornada de Terceira ante A Estrada FS (3-2).



Os pupilos de Lucas lograron chegar ao tempo de descanso cunha renda favorable de 2-1. Despois dos tantos de Keko e Alemán, minutos 7 e 11, o cadro visitante puido reducir distancias no 14, con Pablo Ricardo.



No regreso, Antón González volveu poñer terra por medio no minuto 27. Aínda que Rebo conseguiu o 3-2 para os estradense no 34, os mariñáns souberon medir os tempos para que os tres puntos quedaran en Vista Alegre.



Ficha técnica



Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Keko, Manu, Antón González e Alemán, quinteto inicial; tamén xogaron Hélder, Xoel, Aitor, Pancho e Javi



A Estrada FS: César, Rafita, Tossi, Tojito e Moro, quinteto inicial; tamén xogaron Marquitos, Kinso, Rebo e Botel



Goles: 1-0, minuto 7, Keko; 2-0, minuto 11, Alemán; 2-1, minuto 14, Pablo Ricardo; 3-1, minuto 27, Antón; 3-2, minuto 34,  Rebo



Árbitros: Efrén Álvarez//Carlos Suárez (Lugo)



Tarxetas: Amarela para Botel e Kinso, por A Estrada, e Antón, Aitor e Manu, por Burela FS
 



 

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.