10/12/2021

Clausura de maratón ante o novel Torcal

A xornada 11 poderá seguirse por Live Vuvuzela o sábado ás 18.30.
Clausura de maratón ante o novel Torcal

As campioas europeas clausuran o maratón de compromisos e competicións coa 6ª cita en tan só 9 días este sábado, coa xornada 11 de liga, na casa do novel Atlético Torcal FS. A cita prevista para mañá ás 18.30 horas poderá seguirse en directo por Live Vuvuzela e rfef.es.  

Despois de conquistar o título do Futsal Women’s European Champions o domingo, da vitoria de liga o luns ante Marín Futsal (4-0) e da primeira eliminatoria de Copa da Raíña do miércores fronte a Rodiles FS (0-7), as Guerreiras Laranxas pecharán a semana na pista de Torcal.  

O Pescados Rubén Burela defenderá a 2ª praza (26 puntos) nun duelo de contrastes ante o conxunto malagueño, que ocupa a 15ª posición (5 puntos).  

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi Oliveira, 3. Dany, 4. Sandra Buzón, 6. Cilene, 7. Peque, 10. Lara Balseiro, 13. Elenita, 16. Irene Samper, 17. Ale de Paz, 19. Elena Aragón, 21. M. Cortés, 99. Emilly 

 

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.