Actualidade
03/08/2022
Cristina Lourés renova con CD Burela FS
Seguirá cedida en Viaxes Amarelle FSF mentres termina os seus estudos.

Desde CD Burela FS queremos anunciar a renovación de Cristina Lourés, unha das xogadoras galegas de fútbol sala con máis proxección na actualidade, que continuará ligada o noso club nos próximos anos.
A xogadora galega estará cedida esta tempada en Viaxes Amarelle FSF, un club no que poderá seguir crecendo como xogadora mentres termina os seus estudos.
CD Burela FS confía en que Cristina será en pouco tempo unha xogadora importante dentro do panorama nacional do futsal feminino e espera contar con ela no futuro para reforzar o seu persoal.
Desexámoslle moita sorte esta tempada.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas